O GRUPO
CONCERTOS
MYSPACE
FACEBOOK
MATERIAL
DESCARGAS
LETRAS
CONTACTO














TODO TEN UN PRINCIPIO E UN FIN

TODO TEN UN PRINCIPIO E UN FIN.

Outubro de 2013
Este mes de Outubro de 2013 cúmprense 10 anos desde que os compoñentes orixinarios do que sería MencerVermello empezamos a xuntarnos nun garaxe para dar saída á mestura entre as nosas inquedanzas musicais e, sobre todo, ideolóxicas, que nunca ocultamos. Aínda que non sería ata un ano despois, Outubro do 2004, cando nos subiriamos por primeira vez a un escenario enarbolando a bandeira do proletariado e sen imaxinar naquel entón que durariamos tantos anos como grupo.

Unha demo no 2005 deunos máis a coñecer, e un tempo despois viría a gravación de dous traballos en estudio.

Unha chea de experiencias de todo tipo, sen dúbida, enriquecéronnos tanto no plano persoal coma no plano político-ideolóxico.

Sempre lembraremos, tamén, que formamos parte do Rock Proletario Internacional, que serviu para espallar a nosa convicción marxista-leninista por todos os recunchos do mundo e aglutinar a máis bandas en torno á ideoloxía do proletariado.

Nos últimos anos, centrados en fabricar novos temas, as idas e vidas de distintos membros do grupo foi o que máis mela fixo na posibilidade de continuar co que debería ser o desenvolvemento natural da banda. Pese ás tentativas de substitución dalgúns membros, non fomos quen de darlle o impulso que nos tería gustado, sen perder a esencia que nos caracterizou sempre, e se tomou a dura decisión de que sería mellor dar paso a outras iniciativas.

É por isto que eliximos a significativa data de OUTUBRO, que reflexa ben o noso espírito revolucionario, para facervos partícipes da nosa despedida como Mencer Vermello. Sabemos que algúns pusilánimes se aledarán, e tamén sabemos que será unha triste nova para as amizades e camaradas que fixemos ao longo de todos estes anos. Mais todo ten un principio e un fin.

Informarvos de que algúns de nós seguiremos noutros proxectos musicais. Algúns mesmo xa están en marcha.

O que si está claro é que foi un orgullo formar parte de Mencer Vermello, algo que levaremos tatuado toda a vida.

Grazas a quen fixo posíbel todo isto desde os seus inicios, a quen ficou ao noso lado e nos apoiou nas duras e nas maduras. Foi un verdadeiro pracer contar con todas e todos vós.

A loita da clase obreira polo socialismo-comunismo continúa, e algún día chegará o noso ansiado MENCERVERMELLO.

Ferrolgrado, Outubro 2013.

MENCER VERMELLO
Rock Proletario Galego

Ler máis...
DESCARGAS

DESCARGA OS TRES DISCOS EN MP3:
http://www.mediafire.com/download/of11igt147biey5/MV.zip

MENCER VERMELLO - NOVAS BATALLAS (2010)



Temas:
01 – Novas Batallas
02 – Irmán Galego
03 – Orgullo e Honor
04 – No nome dos Caídos
05 – Como o Aceiro
06 – Fuck the RAC
07 – Heroes de Brest
08 – Resistir
09 – Bandeira Roxa
10 – Ti non es da miña xente
11 – República Galega
12 – División 150


MENCER VERMELLO – KPACHBIN PACCBET (2008)


Temas:
01 – Contrarrevolucions de veludo.wma
02 – Semente de vencer.wma
03 – Golpe final.wma
04 Ollo por ollo.wma
05 – Soldados da historia.wma
06 – Samesugas.wma
07 – Non nos iremos.wma
08 – Guerra de clases.wma
09 – Fillos da suor.wma
10 – Stalingrado.wma
11 – Galiza, hei morrer por ti.wma

MENCER VERMELLO - EN CONCERTO (2006)


Temas:
01 – Libera a tua lingua
02 – Fillos da suor
03 – Republica Galega
04 – Cuba libre
05 – Galiza


DESCARGA OS TRES DISCOS EN MP3:
http://www.mediafire.com/download/of11igt147biey5/MV.zip


Ler máis...




Ver todas as noticias da páxina
ecoestadistica.com




Web feita nunha resolución de 1280x1024 - - mencervermello@yahoo.com